ELGG

Elgg motor redes sociaisElgg é um software de código aberto que funciona como motor de  redes sociais.
Ele oferece um espaço de blog, comunidades com fóruns de discussões ou blogs comunitários, espaço para repositório de arquivos, e-portifólio, tecnologia RSS para o conteúdo gerado dentro da rede, entre outras coisas. Todo conteúdo colocado no espaço pelos membros da rede social pode ser controlado por restrições de acesso e tudo pode ser catalogado por palavras-chave. -Web semántica-(Wikipedia)

Ainda que o Software de Elgg pode ser descargado e podemos facer nos mesmas nosa rede social, non imos adetrarnos nese eido. (Se comprirache contatanos)

Opcións interesantes de Elgg:

Blogues:
Permite a creación de blogues para cada usuaria.
O blogue persoal é unha peza central no Elgg. Os posts podense partillar ou ben manter privados.

Control de Acceso:
O sistema de xestión de acceso permite persoalizar ó máximo as opcións de privacidade e acceso ó sistema.

Creación de comunidades:
As usuarias poden crear subcomunidades ou grupos/subgrupos según seus intereses ou grupos concretos para a investigación ou traballo colaborativo.

Wikis:
Podese crear de xeito relativamente doado wikis.

Implementacións usables de ELGG:

Naturalmente existen moitas instalacións de Elgg ó longo do planeta, mais atrevemonos a xuxerirche que si queres iniciarte como usuaria o fagas en N-1 ou mais achegada e mais funcional (ó parecer de quen suscribe) a implementación de GzImaxinaria.

 gzimaxinaria elgg

¡Que non cunda o pánico!!

Como cada vez que te conectas con un servidor do cal non tes a chave pública, o conectarte por primeira vez a Gzimaxinaria.net recibirás un aviso de que non se pode confirmar que a conexión é segura. (Como cando te conectas ó Misterio do interior). Abonda con crear unha excepción, e apartires de ese intre todo funcionará con normalidade.

elgg gzimaxinaria
Capturas realizadas dende Smartphone Android.

Unha vez que accedemos a páxina de inicio, rexistramonos.

rexistro galiza imaxinaria dende firefox os
Debemos ter en conta que noso nome de usuaria non pode ter espazos nin símbolos. Só números e letras.

Recibirás un correo electrónico que confirma o lugar onde recibir as notificacións e recuperar no caso de esquecemento a seña de acceso.

Traballar en equipa: Os grupos

elgg griupos Unha das posibilidades mais potentes do elgg son os grupos. Dende estas figuras web podense dinamizar e coordinar grupos de traballo. Os grupos contan con moitas das ferramentas necesarias para estudo de documentación e toma de acordos.

Imos ir mirando os distintos items do menú.

Actividade de grupo: Aparecen as actividades realizadas dentro do  grupo en orde cronolóxico inverso. Alí apareceran comentarios, novos elementos ou entradas novas etc.

Arquivos do Grupo: Neste “directorio” colgaremos documentos que sexan de interese para o colectivo. O límite do volume do arquivo 2.5 Mb,

Bitácoras do grupo: Entradas tipo Blogue. Adecuadas para recopilar información, coleccionar ligazóns ou recursos.

Chios do grupo: Menxases tipo tweet que poden ser leidos por todas as compoñentes do grupo. (250 caracteres)

Documentos de Grupo: Para crear documentos colaborativos. Permite crear subdocumentos a modo de capiduos, ten un historial de revisións e exporta a PDF.

Eventos do grupo: Creación e xestión de eventos presenciais e virtuais. Os eventos poden ser visibles para o resto de Internet si se desexa.

Group Featured Content: Contido do grupo mellor valorado polas usuarias.

Marcadores do Grupo: Colección de enlaces de Interese para a temática do grupo.

Grupos Relacionados: Grupos federados co grupo do noso interese principal. Facilita a intercomunicación entre grupos.

Tarefas de grupo: Tarefas desglosadas necesarias para levar a cabo un proxecto. Levan engadidos prazos e definición da persoa responsable.

Wiki do Grupo: Base de datos Semántica onde dispoñer procedementos e documentos base.

Álbunes do Grupo: Lugar onde aloxar material gráfico do grupo agrupado por álbunes.

Webgrafía:

Elgg como alternativa ás comunidades de aprendizaxe.

Unha mensaxe Encriptada

19 de Septembro. A – 5 días do inicio dos 100 días de software libre que propusen desenvolver.

Estou xogando a varias bandas, xa que miro que o ideal é levar os temas parellos, e aclarar os termos a medida que van aparecendo.

Para empezar con un procesador de textos onde libre onde editar os documentos, empecei polo Abiword, que está llicenciado baixo o concepto Código Aberto (Open Software), co cal aprendemos unha primeira licenza. Baixo licezna xestionada pola OSI tamén atopase o Inkscape …. e bueno… teño o post a medio fabricar.

Todo iso ven a que hoxe abriuseme un novo frente… xa que recibín unha notificación de n-1 e apareceu codificada (porque teño activada a opción enviarme os correos dende esa rede social codificados.

pgp privacidade encriptación

Como existen programas de encriptación que operan baixo licenzas libres, e que a privacidade é considerado como un dos bens mais preciados, concluio que compre facer tamén un pequeno módulo adicado a PGP, saber que é a criptografía (así por enriba) e mais que ferramentas podemos usar que sexan doadas para encriptar nosas mensaxes.

Constame que non escribimos temas de vitais a diario nos nosos correos e que normalmente non ocurrirá nada si alguén os lee, pero nosos comunicados son nosos e polo tanto son privados. Que ninguén veña a meter as narices neles.

Ainda mais, dicese que algúns servizos de correo electrónico esnifan as canles de correos para facer conteo de verbas.

Todo isto poderemos evitalo si usamos criptografía nas nosas comunicacións e iso solo pode ocurrir si as nosas interlocutoras están dispostas a usar un proceso de descodificación  cada vez que reciban unha mensaxe nosa. ¡ Corremos o perigo de non ser leidas !!!