Licenzas: GPL

GPLv3_Logo
GPLv3_Logo

Alo polos anos 70, o software non era considerado un producto, senon mais ben un engadido que necesitaban unhas muinas carismas para poder traballar.Nesta cultura era común que as persoas que programaban compartiran libremente seus programas entre si.
Pasando o tempo, coa aparición da inforámtica persoal as compañías iniciaron a mala costume de impor restriccións ás usuarias co uso de acordos de licenza abusivos. Moitos destes acordos, en terminos parecidos seguen a ser usados e compre aceptalos se desexas utilizar algúns programas.
Estas licenzas impidenche modificar o programa, entender como funcionna, prestarllo ás túas amigas ou revendelo unha vez que xa non é de interese para ti.

¿A anéctoda de Stallman coa impresora?

Seguir lendo Licenzas: GPL

Historia do software livre

E aconteceu entón que Microsoft fixose grande e poderosa entre as Corporacións do Microchip; mais poderosa que calqueira das empresas de CPUs antes de que ela medrara.

E o corazón de Gates endureceuse, e dirixindose ós seus clientes e inxenieiros oironse as verbas da súa maldición:
<<Fillos de Von Neuman, oideme. IBM e mais as corporacións das CPUs encadearon ós vosos antepasadas con graves e perigosas licenzas, ata o extremo que clamabades o espiritu de Turing implorando vosa liberación.
Agora eu digovos: Eu son mais poderoso que calqueria das corporacións que me precederon. ¿Está no meu ánimo liberarvos das vosas licenzas? Non, nin por asomo !! Viviredes encadenadas as licenzas sete veces mais gravosas que as que ata agora houbo, e dez veces mais perigosas que as dos antepasados.

Hei capturarvos e esclavizarvos como ningunha outra xeneración foi antes esclavizada.  Limitarei vosos dereitos e liberdades, e quedaredes indefensos ante min, que son voso amo e señor.

Non imploredes pois os espiritus de Turing e Von Neuman nin de Moore. Eles xa non poden escoitarvos, porque están baixo meu control.

Meu poder é xa moito mais grande que o deles. Agora xa solo podedes implorarme a min e vivir o airo do meu airo e a expensas da miña misericordia ou da miña cólera.

Eu son Gates, a porta do inferno. Meu é  o portal de entrada a MSNBC e as chaves da Pantalla Azul da Morte.

Amedrentade; amedrentade en extremo; axeonlladevos e servideme solo a min e viviredes>> (Unha variación libre do “Evanxeo según Tux

1971 Richard Stallman. O precursor.

“Cando empecei a traballar no Laboratorio de Intelixencia Artifical do MIT en 1971, formei parte de unha comunidade que compartía o Software que levaba existindo dende facía moitos anos. O compartir software non se limitaba a nosa comunidade en particular; este é unha costume tan antiga como cociñar. Pero nos compartiamos mais que a maioría.

O Laboratorio de IA usaba un Sistema Operativo de tempo compartido, que fora creado polos técnicos do laboratorio para unha das computadoras mais grandes que había na época. Meu traballo consistía en mellorar este sistema.
Nos non chamabamos “software libre” os nosos programas porque ese termo ainda non existía, pero en iso consistía.

Cando persoas de outras universidades ou unha empresa quería portar e usar un programa deixabamosllo con gusto. Si eu miraba a alguén usar un programa que non me era familiar e me resultaba interesante, sempre podía pedir o código fonte para poder leelo, modificalo ou tomar partes do mesmo para facer un novo programa. (1)

1981: Nace o ChAOS Computer Club (CCC)

O Chaos Computer Club (CCC) é un clube alemán de hackers e outras persoas interesadas no software libre.
Aboga pola privacidade, a información e o software libre e contra a censura e o control.

1983: Lanzase o manifesto GNU

“Eu acredito que a regra de ouro exige que, se eu gosto de um programa, eu devo compartilha-lo com outras pessoas que gostam dele. Vendedores de Software querem dividir os usuários e conquistá-los, fazendo com que cada usuário concorde em não compartilhar com os outros. Eu me recuso a quebrar a solidariedade com os outros usuários deste modo. Eu não posso, com a consciência limpa, assinar um termo de compromisso de não-divulgação de informações ou um contrato de licensa de software. Por anos eu trabalhei no Laboratório de Inteligência Artificial do MIT para resistir a estas tendências e outras inanimosidades, mas eventualmente elas foram longe demais: eu não podia permanecer em uma instituição onde tais coisas eram feitas a mim contra a minha vontade.”

“Por tanto, de modo que eu possa continuar a usar computadores sem desonra, eu dedicir juntar uma quantidade de software suficiente para que eu possa continuar sem nenhum software que não seja livre. Eu me demiti do Laboratório de IA para impedir que o MIT tenha qualquer desculpa legal para me impedir de fornecer o GNU livremente.” (O manifesto GNU)

1985: Crease a Free Software Fundation

A Fundación para o Software libre (FSF) adicase a elimiar as restriccións sobre a copia, redistribución, entendemento e modificación dos programas de computadoras. Con este obxecto promociona o desenvolvemento e uso do software libre en todas as areas da computación.
Nos seus inicios a FSF destiñaba gran parte dos seus orzamentos principalmente a contratar programadores que escribiran software libre. A partires de mediados do 90 xa moitas compañías e programadoras voluntarias adicanse a esta tarefa, polo que a Fundación centran seu traballo en asuntos legais, organizativos e promocionais.

1989: Crease a GNU GPL (GNU Licenza Pública Xeral)

A GNU GPL (GNU Licenza Pública Xeral) é unha licenza creada pola Free Software Foundation (a primeira versión) e estaba orientada principalmente a protexer a libre distribución, modificación e uso do software.
Seu propósito foi declarar que o software cuberto por esta licenza é software libre e protexelo de intentos de apropiación que restrinxan as libertades das usuarias.

1989: Primeira licenza GPL

Richard Stallman crea a licenza GPL para protexer os programas liberados como parte do proxecto GNU.
A licenza GPL orixinal baseouse na unificación de licenzas similares utilizadas en versións anteriores de GNU Emacs, GNU debugger, e GNU C Compiler. O ser capaz de unificalas, apareceu unha licenza que podría ser aplicable a calqueira proxecto, polo que é posible usalas en moitos proxectos diferentes baixo o mesmo paraugas para compartir código. (Wikipedia)

1992: Sale a primeira distribución GNU/Linux

O denominado Linux é o cerne do sistema operativo, o programa que se encarga dos sistemas de entrada e saída e do control de procesos. O programa non é excepcionalmente bo (nin ruín, é resultón e moi estable) pero o que realmente foi unha xenialidade foi poñer na Rede a disposición de toda aquela que quisera poidera xogar con el e colaborar. Isto deulle un impulso definitivo ó programa, en cantidade e en calidade. (Ciberhacktivismo)

1995: Crease a Primeira versión do GIMP

O GNU Image Manipulation Program (GIMP) nace de casualidade na universidade de Berkley como exercicio de prácticas de dous alumnos. Como en outras ocasións, a liberación do código do programa e a capacidade de permitir que os desenvolvedores poideran crear súas propias extensións que foran compatibles co programa deulle un impulso definitivo. ¡ Outro gran traballo realizado a base de esforzo colaborativo!!

1995: Nace o proxecto SETI@athome

O Proxecto de busca Search Estraterrestrial Inteligence at home nace como unha proposta sumamente innovadora na cal tratabase de usar a capacidade de procesamento dos PCś domésticos para atopar sinais de radio de civilizacións extraterrestres.
O proxecto pode parecer descabelado si eres das que crees que estamos solas no universo, pero en definitiva  desenvolveu un instrumento moi potente para proceso de datos de maneira colaborativa.  De este proxecto naceu o BOINC,  unha máquina para facer computación de forma distribuida, baixo a cal están correndo decenas de proxectos de investigación e desarrollo baixo a política de computación en grella.
SETI@athome demostra que a colaboróacin e a autoorganización social poden acadar un poder computacional e informacional superior ó das maiores institucións estatais e corporacións internacionais.

2001: Crease a  Creative Commons

Xa no 2002 lanzaba seu primeiro set de licenzas libres ó público
Creative Commons distribue estas licenzas como unha aplicación web para axudar a licenciar o traballo facilmente, de forma que o deixes libre para certos usos, en certas condicións ou podes agasallarllo ó dominio público. (Creative Commons)

2007. Liberada GNU GPLv3

O 25 de Xullo liberase a versión 3 (GNU GPLv3) desenvolta coa intención de resolver problemas relacionados con intencións contrarias á licenza. (Wikipedia)

(Continuará)

Webgrafía:
A ética do Hacker e o espiritu da era da información. Pekka Himanem

(1) Richard Stallman en “A ética do Hacker e o espiritu da era da información”, de Pekka Himanem.

Biblioteca de Biopolítica (Diigo).