ELGG

Elgg motor redes sociaisElgg é um software de código aberto que funciona como motor de  redes sociais.
Ele oferece um espaço de blog, comunidades com fóruns de discussões ou blogs comunitários, espaço para repositório de arquivos, e-portifólio, tecnologia RSS para o conteúdo gerado dentro da rede, entre outras coisas. Todo conteúdo colocado no espaço pelos membros da rede social pode ser controlado por restrições de acesso e tudo pode ser catalogado por palavras-chave. -Web semántica-(Wikipedia)

Ainda que o Software de Elgg pode ser descargado e podemos facer nos mesmas nosa rede social, non imos adetrarnos nese eido. (Se comprirache contatanos)

Opcións interesantes de Elgg:

Blogues:
Permite a creación de blogues para cada usuaria.
O blogue persoal é unha peza central no Elgg. Os posts podense partillar ou ben manter privados.

Control de Acceso:
O sistema de xestión de acceso permite persoalizar ó máximo as opcións de privacidade e acceso ó sistema.

Creación de comunidades:
As usuarias poden crear subcomunidades ou grupos/subgrupos según seus intereses ou grupos concretos para a investigación ou traballo colaborativo.

Wikis:
Podese crear de xeito relativamente doado wikis.

Implementacións usables de ELGG:

Naturalmente existen moitas instalacións de Elgg ó longo do planeta, mais atrevemonos a xuxerirche que si queres iniciarte como usuaria o fagas en N-1 ou mais achegada e mais funcional (ó parecer de quen suscribe) a implementación de GzImaxinaria.

 gzimaxinaria elgg

¡Que non cunda o pánico!!

Como cada vez que te conectas con un servidor do cal non tes a chave pública, o conectarte por primeira vez a Gzimaxinaria.net recibirás un aviso de que non se pode confirmar que a conexión é segura. (Como cando te conectas ó Misterio do interior). Abonda con crear unha excepción, e apartires de ese intre todo funcionará con normalidade.

elgg gzimaxinaria
Capturas realizadas dende Smartphone Android.

Unha vez que accedemos a páxina de inicio, rexistramonos.

rexistro galiza imaxinaria dende firefox os
Debemos ter en conta que noso nome de usuaria non pode ter espazos nin símbolos. Só números e letras.

Recibirás un correo electrónico que confirma o lugar onde recibir as notificacións e recuperar no caso de esquecemento a seña de acceso.

Traballar en equipa: Os grupos

elgg griupos Unha das posibilidades mais potentes do elgg son os grupos. Dende estas figuras web podense dinamizar e coordinar grupos de traballo. Os grupos contan con moitas das ferramentas necesarias para estudo de documentación e toma de acordos.

Imos ir mirando os distintos items do menú.

Actividade de grupo: Aparecen as actividades realizadas dentro do  grupo en orde cronolóxico inverso. Alí apareceran comentarios, novos elementos ou entradas novas etc.

Arquivos do Grupo: Neste “directorio” colgaremos documentos que sexan de interese para o colectivo. O límite do volume do arquivo 2.5 Mb,

Bitácoras do grupo: Entradas tipo Blogue. Adecuadas para recopilar información, coleccionar ligazóns ou recursos.

Chios do grupo: Menxases tipo tweet que poden ser leidos por todas as compoñentes do grupo. (250 caracteres)

Documentos de Grupo: Para crear documentos colaborativos. Permite crear subdocumentos a modo de capiduos, ten un historial de revisións e exporta a PDF.

Eventos do grupo: Creación e xestión de eventos presenciais e virtuais. Os eventos poden ser visibles para o resto de Internet si se desexa.

Group Featured Content: Contido do grupo mellor valorado polas usuarias.

Marcadores do Grupo: Colección de enlaces de Interese para a temática do grupo.

Grupos Relacionados: Grupos federados co grupo do noso interese principal. Facilita a intercomunicación entre grupos.

Tarefas de grupo: Tarefas desglosadas necesarias para levar a cabo un proxecto. Levan engadidos prazos e definición da persoa responsable.

Wiki do Grupo: Base de datos Semántica onde dispoñer procedementos e documentos base.

Álbunes do Grupo: Lugar onde aloxar material gráfico do grupo agrupado por álbunes.

Webgrafía:

Elgg como alternativa ás comunidades de aprendizaxe.

Proceso Textos: Abiword

AbiWord é o compeñente de proceso de textos de  un proxecto mais grande chamado “AbiSource”  que ten como obxectivo o desenvolvemento de unha Suitte ofimática mutiplataforma. Tamén está integrado no proxecto Gnome Office.
AbiWord é un programa de código aberto, e ten versións para os diversos sabores Un*x e Windows.

AbiWord é un exemplo práctico de un programa coas funcionalidades habituais de un procesador de textos e que nos permite ademais traballar en máquinas modestas.

Na captura de abaixo podemos ver as funcións básicas do programa, listo para editar.

ABiword Ferramentas

Este enlace leva a Páxina de Axuda de Abiword

Outras funcionalidades de Abiword:

Abicollab:

Esta función permitiría traballar co mesmo documento a distintas persoas, pero non a vez, como facíamos co TitanPad, senon cada un nunha instancia executandose na propia máquina, polo que é necesario ter instalado o Abiword no noso ordenador para traballar con esas funcións.
A favor: 100 Mb de almacenamento gratuito.

Partillar arquivos abicollab abiword
Paritllando arquivo en Abicollab

Integración con GIMP:

Pode editarse directamente unha imaxe incrustada nun documento co GIMP. Compre ter Gimp instalado.

Rexistrate e atopamonos no  punto de encontro de esta aplicación.
En Abicollab estamos no grupo “Tallerlivre

Licencia Creative CommonsCultura e Software Libre por Manuel Freiría distribuese baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Ferramentas Nube: EtherPad

Etherpad é un editor web de código libre baseado na colaboración en tempo real, o que permite que varias usuarias editen simultaneamente un documento de texto e que miren as modificacións en tempo real, coa capacidade de amosar o texto de cada autora de diferente cor.
Dispón tamén de unha xanela de chat na barra lateral para permitir a comunicación directa.

O noso primeiro traballo co EtherPad consistirá en diseñar cales van ser os contidos do taller (en función dos intereses de cada unha), e imos a traballar con unha instalación do Pad chamada TitanPad. Eiquí o documento que debemos editar o grupo.

Caixa de Ferramentas de Edición de Etherpad.
Caixa de Ferramentas de Edición de Etherpad.

Etherpad funciona como un editor de texto pero moi pequeniño. Solo se pode facer iso do cadro. Bueno, chegalle ben.

O que caracteriza os etherpads é que as outras persoas que escriben o fan con cores diferentes.

Tamén ten unha zoa de chat.

Pois veña, a probar . Pincha no enlace o Titan Pad e apostilla  dandonos túa opinión de cal debería ser a estructura do taller.

Pero si eres mais atrevida…..

Existen diversos lugares onde che permiten traballar con Etherpad. Algúns están en modo test, outros xa están en fase de “producción”. Escolle algún deles, crea un pad e partillao con nos nos puntos de encontro.

Eiquí debaixo deixoche a captura de pantalla do rexistro en TitanPad. (https://titanpad.com/ep/pro-signup/). Unha vez teñas a conta podes organizar os pads conforme o teu i

edición colaborativa

Lee por certo as notas de borrado. Os pads con poucas modificacións borranse ás duas semanas de inactividade,  e os que teñen moitas votan ata dous meses en ser borrados.

Se tes interese en conservar polo seu interese un Pad exportao para ter unha copia segura contigo.

etherpad_panel_persoalizar

Bueno, o post queda aberto… que está sin testar ainda o funcionamento cos grupos e os problemas coas invitacións… se é que os hai, claro.

Seguridade e Privacidade no EherPad:

TitanPad ofrece dúas formas diferentes de traballar nos Pads.

Os pads públicos (por exemplo, http://titanpad.com/ <teupadname>) son accesibles por todas aquelas que saben a dirección. Non hai ningunha tipo de contrasinal protexendo estes editores e non hai forma de manter a xente non desexada alonxada do teu traballo.

Usa estes editores para traballos de  curta duración.

Os Pads en subdominios privados (por exemplo, http: // tallerlibre .titanpad.com/2)-noso documento de traballo de organización do taller- son, por defecto, accesibles só as  usuarias que posúen unha conta en subdominio.

Podes facer esas Pads accesibles ao público a través da creación é Nivel de acceso ao Público no menú de Seguridade do editor.

Opcionalmente, tamén se pode establecer un contrasinal para o bloque, que é necesaria para todos os usuarios que queiran acceder ao teclado, incluso as usuarias do teu dominio privado.

definir Señas en Etherpad

Como  engadir perosas a un Pad  nun subdominio particular?

Debes enviar ás usuarias o enlace para o bloque en cuestión. Ademais, debes   decidir sobre o nivel de colaboración.

Para a colaboración dunha soa vez,  xeralmente abonda con definir temporalmente o nivel de acceso do Pad como “Público” .

Para colaboracións regulares, xeralmente, ten máis sentido crear unha conta para o usuaria no teu subdominio privado.

Crear nova conta en subdominio privado TitanPad

Visualmente: Vai a pestana de Admin e click en nova conta

novaconta_titanpad
No cadro de diálogo que aparece enche os datos da nova usuaria coa que desexas compartir os textos. Unha seña xenerase automaticamente e enviaselle un correo á persoa indicandolle que ten acceso ó Pad. Unha vez ingresada, poderá trocar o contrasinal.

nova usuaria titanpad

Como se recupera o contrasinal dun Pad?

Os contrasinais perdidas dos Pads non pode ser repostos. Debes recuperar os textos dos bloques a través da función derecuperar texto no menú >>admin e copiar e pegar o texto nun novo Pad. Despois diso, podes eliminar o Pad para que teñas perdida  a seña.

recuperar pad titanpad

Como elimino unha conta nun subdominio privado?

As usuarias que teñen rol de  administradoras poden borrar contas no menú xestionar contas que se atopa na área de administración.
Ten en conta que non podes eliminar a túa propia conta.

Limitacións de TitanPad

¿Cantas usuarias pode haber no meu dominio privado?

Non hai límite para a cantidade de usuarias que queiras ter no teu subdominio.

¿Cantas persoas poden editar un pad simultaneamente?

Todos os pads teñen un límite de 64 usuarias simultaneas. Ten en conta que a usabilidade degradase a partires do momento no cal mais de unha ducia de persoas están a editar o mesmo documento, e que coordinar a todas esas persoas non é unha tarefa doada.

Este enlace levate ó documento de axuda do TitanPad.

Non esquezas partillar con nos os teus pads nos puntos de encontro !!!!

Licencia Creative CommonsCultura e Software Libre por Manuel Freiría distribuese baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional.