Writer básico: Formatear Páxinas

Nesta entrada imos a mirar as posiilidades de formateo coas que contan as páxinas, e imos pretender seren quen de:

  • Manexar os diferentes estilos de páxina para os nosos documentos que podemos definir no procesador de textos Writer de LIbreOffice.
  • Engadir cabeceiras, pés de páxina, numeración, saltos ou outros elementos de configuración de páxina no lugar adecuado e establecendo as distincións necesarias nas diferentes partes do documento.
  • Manexar os diferentes modos de visualización dun documento para enfrontarnos ao seu deseño e para acceder á visualización de resultados previa á impresión.

Cando abrimos o Writer a propia aplicación xa nos ofrece un formato predeterminado de páxina que é o que se emprega en numerosas ocasións por defecto na creación de documentos, pero si pola razón que fora este formato non che parece adecuado, podes modificalo o teu xeito.
Para isto debemos deternos nas funcionalidades que a aplicación nos ofrece para enfrontarnos á configuración do tipo de páxina.
Para traballar o formato de páxina en Writer dirixímonos á Barra de menú> Formato > Páxina e mostrarásenos o cadro de diálogo de Estilo de páxina.

Formato de Papel e Marxes.

Ferramantas formato writer

Seguir lendo Writer básico: Formatear Páxinas

¿Aprender Gimp ou Photoshop?

¿Gimp ou Photoshop? ¿ Cal de ambos vas aprender? ¿Que tipo de adestramento escolles?
É a formación en Photoshop unha obriga para publicar contido de calidade na Rede?

¿É unha boa idea para acostumarse ós produtos da marca Adobe  mentres o Gimp é unha alternativa fantástica que satisface amplamente  as necesidades do webmaster e do usuario medio?

gimp vs photoshop

Seguir lendo ¿Aprender Gimp ou Photoshop?

LibreOffice Writer Básico: As fontes

Obxectivos do artigo

  • Coñecer as funcionalidades da edición de texto de Writer de LibreOffice en canto a fontes, parágrafos, bordes e sombras, numeración e viñetas e tabulacións.
  • Tirar o máximo rendemento do manexo destas funcionalidades para aplicalas aos nosos textos co fin de obter mellores presentacións de documentos.
  • Familiarizármonos coas diferentes xeitos de acceder ás funcionalidades de Writer en canto á edición de parágrafos, numeración e viñetas ou uso de caracteres.
  • Experimentar cos nosos documentos e cos diferentes xeitos de presentación de contidos para aproveitar ao máximo as funcionalidades de Writer para mellora de parágrafo, tabulacións, etc.

As Fontes:
Unha das características máis importantes dos procesadores de texto é a súa capacidade para utilizar diferentes tipos de letras ou fontes.

O tipo de letra e o seu tamaño máis habitual pode marcarse como característica predeterminada. Estas opcións elixidas serán as usadas ao cargar o programa mentres non se especifiquen outras diferentes.

libre office writer tipos e tamaños de letra writer-640x640

x

 

 

 

 

 

 

De todos xeitos, todos os efectos posibles están o alcance do rato no menú de formateo. Non debemos mais que seleccionar o texto e aplicar o efecto desexado.

writer ferramentas edicion-640x640

 

 

 

 

 

 

 

Ainda que todas esas opcións tedelas dispoñibles seleccionando un texto e pican o botón dereito. Ahí tedes os mandos do avión.

librreoficce writer ferramentas edicion boton dereito

 

 

 

 

 

 

 

 

Dende formato>>paragrafo, ou o menú que se desplega ó pulsar o botón dereito, podemos tamén crear recadros e sombras de texto. O mesmo efecto podese realizar sobre as páxinas accedendo a formato>>páxina.

Ferramentas LibreOffice Writer sombras recadros
Con unha zoa de texto seleccionada, accedendo ó menú formato>>caracter, ou ben no  menú do  botón dereito indo a caracter, temos interesantes posibilidades. Probas sen medo e observa os resultados.

ferramentas texto writer carácter
Resumindo:

  • Unha das características máis importantes dos procesadores de texto é a súa capacidade para utilizar diferentes tipos de letras ou fontes.
  • O espazo entre caracteres permite ensanchar ou estreitar o espazo que ocupa un texto por medio da variación do espazo entre letras.
  • LibreOffice Writer permite diferentes opcións para alternar o formato dun texto seleccionado cambiando a combinación das letras maiúsculas e minúsculas.
  • O formato do parágrafo permite múltiples opcións de sangrías e espazamentos, aliñamento ou numeración de parágrafos.
  • Un bordo pode ser un cadro que rodea un parágrafo ou varios, por todos os seus lados. Tamén pode ser unha liña que resalta un parágrafo o varios. O sombreado, pola contra, establece unha sombra en diferentes posicións dun parágrafo seleccionado e pode incluír ou non bordos, sen afectar á cor dos caracteres.
  • Os bordos poden ser aplicados dun xeito sinxelo e moi similar ás páxinas. Para facer isto imos ao menú Formato > Páxina e na nova ventá que se amosa na pantalla facemos clic na pestana Bordo.
  • As sombras poden ser útiles para mellorar a presentación do documento e conseguir así un efecto de relevo. Writer permítenos elixir tanto a distancia da sombra ao bordo como a cor da mesma.
  • As tabulacións son posicións fixas ás que se despraza o cursor cando pulsamos a tecla TAB. Cando precisamos inserir texto en columnas ou táboas poden ser moi útiles as tabulacións. Writer ten definidas, por defecto, tabulacións cada 1,25 cm pero podemos establecer tabulacións nas posicións que desexemos. E podemos definir tamén a aliñación de cada tabulación.

 

Catálogo de Software Livre

Recopilación de Software Livre para Windows e Linux recopilada por  Bartolomé Sintes Marco – de cdlibre.org

¿Coñeces algún programa libre que non esté listado? ¡ Agraderemos túa aportación!

Autor: Bartolomé Sintes Marco – cdlibre.org

Última actualización: 19 de octubre de 2014
Creative Commons License Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons.

Inkscape: Ferramenta texto

Neste exercicio vou crear un folleto descriptivo do curso. Esta será a cara interior. A portada elaboreina con Scribus.

O obxectivo é crear unha única imaxe composta por diversos elementos enlazados mediante flechas.  O longo do artigo partindo da nada imos crear un marabilloso contido.

Definindo o Lienzo en Inkscape:

Divido a páxina con dous rectángulos de igual tamaño para ter claras as liñas de plegue e para testar a medida que o traballo avanza posibles fondos. Creo un rectángulo transparente de 5 milímetros para contar co marxe da impresora.

Inkscape Lienzo

Para crear os rectángulos usei a ferramenta “Crear Rectángulo”. (Soa a chiste). É a quinta da barra esquerda.

Un recordatorio das ferramentas do Inkscape:

Lembra que o mellor manual é utilizar as ferramentas. ¡Foscalla!!!

Ferramentas Inkscape

Esta composición está xenerada utilizando a ferramenta Texto e importar imaxe de Inkscape,

O tiduo foi xenerado co GIMP, coa ferramenta Logotipos Predefinidos.

O resultado:

software livre inkscape
¿Como?

Ferramenta texto en Inkscape:

A creación de textos invocase dende a T do menú esquerdo. Unha vez creas osun ou varios bloques de texto formateas cada un de eles co tamaño e tipo de letra, interlineado, negriñas, itálicas, aliñación etc. Adecúas o interlineado en función das iconas que queiras meter no medio, así como o tipo de letra.
Como vedes os menues están repetidos na barra superior e na caixa de ferramentas, pero en esta ademais podemos editar directamente o escrito dende a pestana texto.

Ferramenta texto inkscape

Logo xa solo nos queda colocar as figuras intercaladas co texto. Si non teñen transparencia serán maiores e mais difíciles de tratar. Para mirar como converter un jpg en unha imaxe con transparencia mirao no Manual de GIMP.

 Cóntanos a túa experiencia con Inkscape, o que che encanta, o que odias… que mellorarías…
¡Estaremos encantadas de escoitarte.!

 taller livre 2014

Escribe nos comentarios o enderezo do teu debuxo co Inkscape!!!

Deixovos unha escolma de enlaces a tutoriais do Inkscape.

Curso de Inkscape do Colivre.
Curso de Inkscape Joaclint Istgud.
Manual do Inkscape. Governo de Portugal.
Trucos Inkscape.
Tutorial de Caligrafía.
Tutorial de Oficina do Inkscape, por Cicero Moraes.
Titoriais oficiais do Inkscape.

Si coñeces algún manual interesante comentao  para incluilo nos enlaces, plis!!!!

Licencia Creative CommonsCultura e Software Libre por Manuel Freiría distribuese baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional.

LOPD//Redes Sociais//Publicidade Google//Tendas on Line//

Mellorando a estructura. Día 6

Hoxe recibín dúas inscripcións no taller. Unha das persoas xa tiña conta en Gzimaxinaria e solicitou a entrada no grupo/punto de encontro Tallerlivre.

Polo demais, logo de tantos anos (abandonamos nosa relación aló polo 2008) crease e documentase un gráfico con Scribus.
Noteime un tanto atorado, ainda que o fin fiquei satisfeita cos resultados.

Scribus taller livre

A parte interior do folleto opto por facela co INKSCAPE.  Sintome mais cómoda pero teño que pasar un traballo ímprobo transformando imaxes jpg en png para que me soporten transparencia.  Este foi o resultado.

software livre
A medida que vou foscallando nas posibilidades mais me gosta a idea do Software Livre e da Cultura Compartida. Por certo… Alg-a Lab conformase como colaboradora, sendo receptora de parte dos puntos de encontro off-line.

PS: Sin querer cargueime o grupo externo biblioteca en GzImaxinaria.

Decido non crear o grupo de novo, e en troques de iso, crear unha bitácora biblioteca onde vaiamos colgando os enlaces os diferentes recursos.

A saber: (E editables por todos os membros da comunidade)

Bilblioteca Imaxe.

Biblioteca Teórica.

Xa iremos enchendo sen presa pero sin pausa eses espazos… e iremos creando outros novos e mais específicos a medida que vaiamos avanzando.

¡ Novedade, Novedade!!! Acabo de crear unha pestana para ter acceso ós portais importantes nun click. O obxectivo, en canto haxa contido é que esté minimamente categorizado, desplegue submenues e abra nunha nova pestana.

Autoedición: Scribus

Scribus é un programa de código aberto e multiplataforma para autoedición que ofrece un rendemento notábel na creación de publicacións por computadora.

A aplicación está deseñada para dar flexibilidade no deseño e a composición, ofrecendo a capacidade de preparar ficheiro para equipos profesionais de filmación de imaxes. Tamén pode crear presentacións animadas e interactivas en PDF e formularios. Entre os exemplos da súa aplicación atópanse pequenos xornais, folletos, boletíns de noticias, afiches e libros.

Scribus soporta a maioría dos principais formatos gráficos ademais de SVG. As súas características profesionais para fontes e imaxes inclúen manexo de cor CMYK e administración de cor por perfiles.

Scribus. Programa livre de autoedición multiplataforma.

Instalar o Scribus.

Espero que non me poida o despiste. Por non ter ocasións creo que dende que rematei a época de edición de fanzines aló polo 2008 non facia unha incursión un pouco seria no Scribus.

A intención é crear un folleto (cada unha que o faga según o que lle apeteza), e como ainda non fixen unha presentación “decente” da performance “100 días de Software livre” pois voume poñer con ela.

O primeiro é acceder á páxina de descarga do Scribus. Escollemos a distribución apta para noso Sistema Operativo e instalamola no noso trebello.

Primeiro documento co Scribus

Debido a que as imaxes vinculadas a un documento siguen a ruta relativa de directorios, antes de iniciar o noso traballo de diseño debemos crear unha organización de tal maneira que cando traslademos o noso traballo vaia acompañado de todos os elementos que teña asociados. (Esta premisa é válida tamén para o Inkscape). No meu exemplo creo unha carpeta “Folleto taller livre”, onde gardarei o ficheiro provisional e outra carpeta que denomino imaxes, onde gardarei as imaxes relacionadas co documento en cuestión.

Unha vez creada a estructura de directorios (para logo non andar perdidisimos na percura das ilustracións) procedemos a arrancar o Scribus.

Neste primeiro cadro imos definir o tipo de ficheiro que queremos crear. Miña opción é un folleto tamaño folio doblado o medio con catro columnas (duas para cada folla)

Scribus novo crear

Seguir lendo Autoedición: Scribus

Inkscape: Texto a camiño

Inkscape é un editor de gráficos de Código Aberto. Utiliza SVG (Scalable Vector Graphics) como formato nativo, un standard da W3C (WWW Consortium é un organismo que traballa pola unificación dos estandares na web) que está libre de dereitos de uso.

Inkscape está dispoñible para Linux, Windows e Mac OS utilizase en proxectos profesionais como logotipos, ilustracións ou artes bidimensionais que permitan alta escalabilidade, xa que os Gráficos de Vectores Escalables non se pixelan cando se amplían.

O taboeiro de ferramentas do Inkscape:

Mil manuais non che darán a información das probas que ti poidas facer fuchicando en  cada unha das ferramentas. ¡Foscalla!!!

Ferramentas Inkscape

Seguir lendo Inkscape: Texto a camiño