Writer básico: Formatear Páxinas


Nesta entrada imos a mirar as posiilidades de formateo coas que contan as páxinas, e imos pretender seren quen de:

  • Manexar os diferentes estilos de páxina para os nosos documentos que podemos definir no procesador de textos Writer de LIbreOffice.
  • Engadir cabeceiras, pés de páxina, numeración, saltos ou outros elementos de configuración de páxina no lugar adecuado e establecendo as distincións necesarias nas diferentes partes do documento.
  • Manexar os diferentes modos de visualización dun documento para enfrontarnos ao seu deseño e para acceder á visualización de resultados previa á impresión.

Cando abrimos o Writer a propia aplicación xa nos ofrece un formato predeterminado de páxina que é o que se emprega en numerosas ocasións por defecto na creación de documentos, pero si pola razón que fora este formato non che parece adecuado, podes modificalo o teu xeito.
Para isto debemos deternos nas funcionalidades que a aplicación nos ofrece para enfrontarnos á configuración do tipo de páxina.
Para traballar o formato de páxina en Writer dirixímonos á Barra de menú> Formato > Páxina e mostrarásenos o cadro de diálogo de Estilo de páxina.

Formato de Papel e Marxes.

Ferramantas formato writer

Fondo, Columnas e Fondo.

Exemplo a dúas columnas, con texto na cabeceira, fondo de cor (tamén pode incluirse unha imaxe)

Writer ferramentas de edición
As Seccións.

Cando queremos crear un anaco de texto con características propias, podemos crear unha sección e modificar en consecuencia seu fondo, sangrías ou número de columnas. Para elo accedemos ó menú Inserir>>Seccións.

Ferramentas writer

Como sempre lembrar, que como mellor aprendese é facendo. Pega un texto ó chou e observa como varía a medida que vas empregando as distintas opcións de formatado.

Rematando, lembramos pois, que antes de comezar definimos características da páxina como:

– As marxes do documento
– A orientación da páxina
– O tamaño de papel
– Deseño da páxina

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s