LibreOffice Writer Básico: As fontes


Obxectivos do artigo

  • Coñecer as funcionalidades da edición de texto de Writer de LibreOffice en canto a fontes, parágrafos, bordes e sombras, numeración e viñetas e tabulacións.
  • Tirar o máximo rendemento do manexo destas funcionalidades para aplicalas aos nosos textos co fin de obter mellores presentacións de documentos.
  • Familiarizármonos coas diferentes xeitos de acceder ás funcionalidades de Writer en canto á edición de parágrafos, numeración e viñetas ou uso de caracteres.
  • Experimentar cos nosos documentos e cos diferentes xeitos de presentación de contidos para aproveitar ao máximo as funcionalidades de Writer para mellora de parágrafo, tabulacións, etc.

As Fontes:
Unha das características máis importantes dos procesadores de texto é a súa capacidade para utilizar diferentes tipos de letras ou fontes.

O tipo de letra e o seu tamaño máis habitual pode marcarse como característica predeterminada. Estas opcións elixidas serán as usadas ao cargar o programa mentres non se especifiquen outras diferentes.

libre office writer tipos e tamaños de letra writer-640x640

x

 

 

 

 

 

 

De todos xeitos, todos os efectos posibles están o alcance do rato no menú de formateo. Non debemos mais que seleccionar o texto e aplicar o efecto desexado.

writer ferramentas edicion-640x640

 

 

 

 

 

 

 

Ainda que todas esas opcións tedelas dispoñibles seleccionando un texto e pican o botón dereito. Ahí tedes os mandos do avión.

librreoficce writer ferramentas edicion boton dereito

 

 

 

 

 

 

 

 

Dende formato>>paragrafo, ou o menú que se desplega ó pulsar o botón dereito, podemos tamén crear recadros e sombras de texto. O mesmo efecto podese realizar sobre as páxinas accedendo a formato>>páxina.

Ferramentas LibreOffice Writer sombras recadros
Con unha zoa de texto seleccionada, accedendo ó menú formato>>caracter, ou ben no  menú do  botón dereito indo a caracter, temos interesantes posibilidades. Probas sen medo e observa os resultados.

ferramentas texto writer carácter
Resumindo:

  • Unha das características máis importantes dos procesadores de texto é a súa capacidade para utilizar diferentes tipos de letras ou fontes.
  • O espazo entre caracteres permite ensanchar ou estreitar o espazo que ocupa un texto por medio da variación do espazo entre letras.
  • LibreOffice Writer permite diferentes opcións para alternar o formato dun texto seleccionado cambiando a combinación das letras maiúsculas e minúsculas.
  • O formato do parágrafo permite múltiples opcións de sangrías e espazamentos, aliñamento ou numeración de parágrafos.
  • Un bordo pode ser un cadro que rodea un parágrafo ou varios, por todos os seus lados. Tamén pode ser unha liña que resalta un parágrafo o varios. O sombreado, pola contra, establece unha sombra en diferentes posicións dun parágrafo seleccionado e pode incluír ou non bordos, sen afectar á cor dos caracteres.
  • Os bordos poden ser aplicados dun xeito sinxelo e moi similar ás páxinas. Para facer isto imos ao menú Formato > Páxina e na nova ventá que se amosa na pantalla facemos clic na pestana Bordo.
  • As sombras poden ser útiles para mellorar a presentación do documento e conseguir así un efecto de relevo. Writer permítenos elixir tanto a distancia da sombra ao bordo como a cor da mesma.
  • As tabulacións son posicións fixas ás que se despraza o cursor cando pulsamos a tecla TAB. Cando precisamos inserir texto en columnas ou táboas poden ser moi útiles as tabulacións. Writer ten definidas, por defecto, tabulacións cada 1,25 cm pero podemos establecer tabulacións nas posicións que desexemos. E podemos definir tamén a aliñación de cada tabulación.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s