ELGG


Elgg motor redes sociaisElgg é um software de código aberto que funciona como motor de  redes sociais.
Ele oferece um espaço de blog, comunidades com fóruns de discussões ou blogs comunitários, espaço para repositório de arquivos, e-portifólio, tecnologia RSS para o conteúdo gerado dentro da rede, entre outras coisas. Todo conteúdo colocado no espaço pelos membros da rede social pode ser controlado por restrições de acesso e tudo pode ser catalogado por palavras-chave. -Web semántica-(Wikipedia)

Ainda que o Software de Elgg pode ser descargado e podemos facer nos mesmas nosa rede social, non imos adetrarnos nese eido. (Se comprirache contatanos)

Opcións interesantes de Elgg:

Blogues:
Permite a creación de blogues para cada usuaria.
O blogue persoal é unha peza central no Elgg. Os posts podense partillar ou ben manter privados.

Control de Acceso:
O sistema de xestión de acceso permite persoalizar ó máximo as opcións de privacidade e acceso ó sistema.

Creación de comunidades:
As usuarias poden crear subcomunidades ou grupos/subgrupos según seus intereses ou grupos concretos para a investigación ou traballo colaborativo.

Wikis:
Podese crear de xeito relativamente doado wikis.

Implementacións usables de ELGG:

Naturalmente existen moitas instalacións de Elgg ó longo do planeta, mais atrevemonos a xuxerirche que si queres iniciarte como usuaria o fagas en N-1 ou mais achegada e mais funcional (ó parecer de quen suscribe) a implementación de GzImaxinaria.

 gzimaxinaria elgg

¡Que non cunda o pánico!!

Como cada vez que te conectas con un servidor do cal non tes a chave pública, o conectarte por primeira vez a Gzimaxinaria.net recibirás un aviso de que non se pode confirmar que a conexión é segura. (Como cando te conectas ó Misterio do interior). Abonda con crear unha excepción, e apartires de ese intre todo funcionará con normalidade.

elgg gzimaxinaria
Capturas realizadas dende Smartphone Android.

Unha vez que accedemos a páxina de inicio, rexistramonos.

rexistro galiza imaxinaria dende firefox os
Debemos ter en conta que noso nome de usuaria non pode ter espazos nin símbolos. Só números e letras.

Recibirás un correo electrónico que confirma o lugar onde recibir as notificacións e recuperar no caso de esquecemento a seña de acceso.

Traballar en equipa: Os grupos

elgg griupos Unha das posibilidades mais potentes do elgg son os grupos. Dende estas figuras web podense dinamizar e coordinar grupos de traballo. Os grupos contan con moitas das ferramentas necesarias para estudo de documentación e toma de acordos.

Imos ir mirando os distintos items do menú.

Actividade de grupo: Aparecen as actividades realizadas dentro do  grupo en orde cronolóxico inverso. Alí apareceran comentarios, novos elementos ou entradas novas etc.

Arquivos do Grupo: Neste “directorio” colgaremos documentos que sexan de interese para o colectivo. O límite do volume do arquivo 2.5 Mb,

Bitácoras do grupo: Entradas tipo Blogue. Adecuadas para recopilar información, coleccionar ligazóns ou recursos.

Chios do grupo: Menxases tipo tweet que poden ser leidos por todas as compoñentes do grupo. (250 caracteres)

Documentos de Grupo: Para crear documentos colaborativos. Permite crear subdocumentos a modo de capiduos, ten un historial de revisións e exporta a PDF.

Eventos do grupo: Creación e xestión de eventos presenciais e virtuais. Os eventos poden ser visibles para o resto de Internet si se desexa.

Group Featured Content: Contido do grupo mellor valorado polas usuarias.

Marcadores do Grupo: Colección de enlaces de Interese para a temática do grupo.

Grupos Relacionados: Grupos federados co grupo do noso interese principal. Facilita a intercomunicación entre grupos.

Tarefas de grupo: Tarefas desglosadas necesarias para levar a cabo un proxecto. Levan engadidos prazos e definición da persoa responsable.

Wiki do Grupo: Base de datos Semántica onde dispoñer procedementos e documentos base.

Álbunes do Grupo: Lugar onde aloxar material gráfico do grupo agrupado por álbunes.

Webgrafía:

Elgg como alternativa ás comunidades de aprendizaxe.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s